Logo Xerais

Info autor/a

Castro, Olga

(enviar correo)

Olga Castro (Lugo, 1980) é profesora titular de Estudos de Tradución na Aston University, Birmingham (Gran Bretaña). Combina o labor académico e docente co activismo pola causa feminista e os estudos galegos, exercendo na actualidade cargos directivos no Observatorio da Mariña pola Igualdade e na Asociación Internacional de Estudos Galegos. Logo de licenciarse en Xornalismo e en Tradución, doutorouse pola Universidade de Vigo cunha tese sobre as intervencións feministas na tradutoloxía galega, coa que obtivo mención europea e premio extraordinario de doutoramento. Leva publicado unha vintena de artigos académicos e divulgativos sobre a interacción entre xénero, linguaxe e tradución, amais de sobre lingüística feminista, crítica literaria e medios de comunicación.

As súas obras como autor/a