Logo Xerais

Info autor/a

Lorenzo Piñeiro, Héctor

(enviar correo)

Este músico compostelán ten participado en diferentes proxectos musicais nos últimos anos, como a gravación do disco “Haikus” coa cantante Najla Shami (2011) ou a xira presentación do álbum “Rosalía pequeniña” coa cantante Uxía e o músico Santi Cribeiro, na cal realizou máis de trinta concertos por toda Galicia no ano 2013. En 2014 xira co espectáculo “Un paso sempre adiante” creado a partir de poemas musicados de Xosé Mª Díaz Castro e, en 2015, participa, xunto con Magín Blanco e Uxía, no espectáculo “Canta o cuco”, baseado en poemas de Manuel María. No libro-disco “Cousas de papá” (Xerais 2016) Héctor Lorenzo musica e interpreta dez dos dezasete poemas de Raúl Gómez Pato que conforman o poemario.

As súas obras como autor/a