Logo Xerais

Info autor/a

Suárez Abel, Miguel

(enviar correo)

Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, 1952). Licenciado en Psicoloxía. Profesor de ensino secundario no Instituto Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e columnista de La Voz de Galicia e O Correo Galego. Ten publicados varios relatos premiados no concurso do Pedrón de Ouro: "O fillo de Serafín" (1981), "O Quiquiriquí" (1982), e "A alemana" (1986). Posteriormente publicou Turbo (Xerais 1988), Premio Blanco Amor de novela; Álvaro Pino (Xerais 1989), biografía novelada do deportista galego; Sabor a ti (Xerais 1992), finalista do Premio Xerais de novela; "Co dedo nos beizos" (1992), relato incluído nos Contos do Castromil; Selva Negra (Xerais 1993), relatos e O repenique de Beatriz Gondar (2003), Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2002.

As súas obras como autor/a