Logo Xerais

Info autor/a

Nicolás, Ramón

(enviar correo)

Ramón Nicolás (Vigo, 1966) é profesor e exerce a crítica literaria desde hai máis de dúas décadas. Dirixe a colección Bibliotecas das Letras Galegas de Xerais, administra o blog cadernodacritica.wordpress.com, escribe semanalmente no suplemento Fugas de La Voz de Galicia e é patrón da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Responsabilizouse de diversas traducións e ensaios e realizou edicións críticas e estudos sobre autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro.O seu último libro, Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Xerais, 2012), foi galardoado co Losada Diéguez de ensaio e co premio AELG ao mellor ensaio de 2012.O espello do mundo é a súa primeira novela.

As súas obras como autor/a