Logo Xerais

Info ilustrador/a

Barrio Gutiérrez, Blanca

(enviar correo)

Nacín en Burgos no ano 1967. Estudei Belas Artes en Salamanca e despois traballei en diferentes axencias de publicidade en Madrid e Burgos… ata que cheguei a Galicia. Xa nesta terra comecei a dar clase en distintos institutos de secundaria por diferentes recunchos de Galicia, sempre mirando o mar. Compaxinei esta actividade con traballos de deseño gráfico: anagramas, carteis de títeres e teatro, colaborando en moitas ocasións coa compañía Talía Teatro, así como coa ilustración de contos para nenos, que é o que máis me gusta. Entre os meus traballos publicados están as ilustracións de “Menos Lobos”, “Hip-Hip, Hurra!”, “O armario de Ana”, “Paco” e “Cousas de papá” (Xerais, 2016).

As súas obras como ilustrador/a