Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa

Autor/a : Francisco Fernández Rei

Ramón Cabanillas, o «poeta arelado», é o centro de case todos os textos deste libro do profesor Francisco Fernández Rei (21 éditos e 9 inéditos) sobre a memoria de Cambados e, particularmente, a súa cultura mariñeira; sobre a entrega xenerosa do autor de "Vento mareiro" á dignificación de Galicia e á construción do galego literario, e sobre a presenza do mar da Arousa na súa obra e na doutros escritores, mesmo da Galicia interior, o que fai que ese mar sexa o de maior presenza na literatura galega moderna.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Ramón Cabanillas, o «poeta arelado», é o centro de case todos os textos deste libro do profesor Francisco Fernández Rei (21 éditos e 9 inéditos) sobre a memoria de Cambados e, particularmente, a súa cultura mariñeira; sobre a entrega xenerosa do autor de "Vento mareiro" á dignificación de Galicia e á construción do galego literario, e sobre a presenza do mar da Arousa na súa obra e na doutros escritores, mesmo da Galicia interior, o que fai que ese mar sexa o de maior presenza na literatura galega moderna. Os textos, redactados entre 1999 e 2014 (agás dous do 1977), agrúpanse en cinco apartados: I) a memoria e as paisaxes de Cambados, II) notas biográficas e literarias de Cabanillas, III) a fala de Fefiñáns e a lingua literaria do escritor cambadés, IV) o mar en Cabanillas e o literario mar da Arousa, V) reivindicación e valorización de Ramón Cabanillas, símbolo do movemento agrarista e poeta das Irmandades da Fala, que no «inverno» franquista mantivo o compromiso co idioma e que nos anos cincuenta se embarcou na resistencia cultural do galeguismo.

  • Colección

    Xerais Universitaria

  • Código

    1327143

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-900-4

  • Publicación

    10/09/2015

  • Clasificación IBIC

    DNJ

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    368

  • Tamaño

    24 x 17 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Sobre a colección Xerais Universitaria