Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Arredor das Irmandades da Fala

Autor/a : Luís Cochón, X. L. Méndez Ferrín, Carlos García Martínez, Alvaro Cunqueiro, José Antonio Durán, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Luís Veiga do Campo, Xurxo Martínez González, Justo G. Beramendi, Xosé González Martínez, Xosé Ramón Pena, Antón Costa Rico, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Pepe Barro, Isidoro Millán González-Pardo, Arturo Casas, Clodio González Pérez, Luís Alonso Girgado, Emilio Xosé Ínsua López, Manuel Forcadela, Francisco Fernández Rei, Antón Santamarina, Miro Villar, Armando Requeixo, Darío Xohán Cabana, Rafael Dieste, Xosé Filgueira Valverde

Este libro, coordinado polo profesor Luís Cochón, reúne trinta traballos moi diversos arredor das Irmandades da Fala, o fenómeno que supón o principio da modernidade en Galicia no século XX.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Este libro, coordinado polo profesor Luís Cochón, reúne trinta traballos moi diversos arredor das Irmandades da Fala, o fenómeno que supón o principio da modernidade en Galicia no século XX. Un período, entre 1914 e 1931, que na historia do galeguismo configura un espazo sen volta no acontecer de Galicia, que comeza co inicio da Gran Guerra e se alonga até a proclamación da República do 31, ano de fundación do Partido Galeguista e da celebración da VII Asemblea das Irmandades da Fala, principio e cabo deste tempo. Tras un limiar de X. L. Méndez Ferrín e unhas palabras introdutorias do editor literario, os traballos organízanse en tres grandes bloques: Pensamento, Política e Poética. Unha tríade que, coincidindo coa celebración do centenario da creación das Irmandades da Fala, artella un libro de intención coral, interdisciplinar, transversal e aberta. "Nesta obra, en realidade, aquel que se presenta como coordinador é verdadeiramente un autor. Luís Cochón esixe e orienta os partícipes que ten ao seu redor e reparte traballo. E dálles a palabra aos mortos. Pilla aquí e acolá, do patrimonio de vivos e defuntos, porcións de pensamento que acheguen máis as Irmandades para que poidamos rescatalas do estado de momificación nocional en que se encontran no discurso histórico comunmente aceite e oficializado. Pódese falar de collage, de mosaico, mesmo de farrapeira, pero o resultado é un centón que vai apaixonar o lector disposto a participar da aventura menos coñecida do pasado do cal dependemos". X. L. MÉNDEZ FERRÍN

  • Colección

    Xerais Universitaria

  • Código

    1327146

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-090-0

  • Publicación

    08/09/2016

  • Clasificación IBIC

    HBTB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    360

  • Tamaño

    24.5 x 16.5 cm

Sobre a colección Xerais Universitaria