Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Bolxeviques 1917-2017

Autor/a : Teresa Moure

En 2017 a Revolución Bolxevique fai cen anos. Boa parte dos acontecementos deste século pode interpretarse en relación ao impacto internacional deses ideais revolucionarios e á forma como se puxeron en práctica: aliñamento de países e guerra fría, competitividade entre o bloque socialista e o bloque capitalista, enfrontados no campo ideolóxico mais tamén no tecnolóxico e no militar.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

En 2017 a Revolución Bolxevique fai cen anos. Boa parte dos acontecementos deste século pode interpretarse en relación ao impacto internacional deses ideais revolucionarios e á forma como se puxeron en práctica: aliñamento de países e guerra fría, competitividade entre o bloque socialista e o bloque capitalista, enfrontados no campo ideolóxico mais tamén no tecnolóxico e no militar. Paralelamente, producíase un conflito subterráneo que rompía as fronteiras xeográficas: filosofías disidentes introducían esa cerna ideolóxica en novas esferas do pensamento; contraofensivas, como as políticas do benestar, controlaban o avance do socialismo en países capitalistas; concepcións artísticas, símbolos e vangardas sociais deseñaban un novo mundo. Todo se viu alterado. Cen anos despois, a vella garda comunista aproveitará para reivindicar o legado transformador do bolxevismo; o pensamento ultra-liberal para expor á luz algúns episodios de violencia e opresión na súa cara máis escura. Este libro pretende ser a contribución galega para esa necesaria revisión; unha maneira de participar neste territorio da Galiza na voráxine, se non daqueles acontecementos, si da reflexión sobre o seu impacto histórico e ideolóxico. Bolxevismo e bolxevismo na Galiza. Xerais e Através ofrecen xuntas un único libro en dous volumes de contidos diferentes, coordinado por Teresa Moure, marcando unha vía de confluencia e de inspiración para a convivencia das tradicións políticas e ortográficas de quen defende neste país a vitalidade da nosa lingua e do ensaio escrito nela. Neste volume publicado por Xerais inclúense os traballos de Justo Beramendi, Xosé Manuel Carril, Oriana Méndez, Víctor Santidrián, Xoán Carlos Garrido, Julio Prada, Uxío-Breogán Diéguez, Francisco Rodríguez, Anxo Angueira, Antón Dobao, Natalia Poncela, Xosé Manuel Outeiriño e Rebeca Baceiredo.

  • Colección

    Xerais Universitaria

  • Código

    1327148

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-136-5

  • Publicación

    29/11/2016

  • Clasificación IBIC

    HBLW

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    192

  • Tamaño

    24 x 17 cm

Libros de Teresa Moure

Narrativa

A intervención

A intervención

FÓRA DE XOGO

Unha primavera para Aldara

Unha primavera para Aldara

Ensaio

O natural é político

O natural é político

Sobre a colección Xerais Universitaria