Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Relatos mariñeiros

Autor/a : Xosé Neira Vilas
Ilustrador/a : Xaquín Marín Formoso

Relatos mariñeiros componse dunha vintena de narracións curtas que teñen como referencia e inspiración a comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do seculo XX.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Relatos mariñeiros componse dunha vintena de narracións curtas que teñen como referencia e inspiración a comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do seculo XX. Vinte historias de mariñeiros e emigrantes galegos no Golfo que reconstrúen vidas anónimas penduradas dun fío, fuxindo dos feros ciclóns e doutras situacións arrepiantes; vidas ancoradas na saudade da terra e das xentes que abandonaron. Relatos de vidas de mariñeiros artistas como o Leandro, o corpudo gaiteiro que levaba todo un país no fol, o Mariano que tocaba o saxofón, o Xan o Cativo, moi mañoso no seu vello acordeón, ou o Santiago, que co seu lapis de cores retrataba a cada un dos compañeiros de tripulación. Mariñeiros namorados e comprometidos como o Daniel, aquel mozote de Camariñas que nunca esquecerá a súa namorada primeira; o Xaquín, o vello pescador da Malata que sentía polo mar unha mestura de amor e xenreira; o negro Eliseo, un Goliat antillano que cos galegos da Casa Branca aprendeu a fala nosa; ou o Xoán Barreiro, dirixente do Sindicato de Viveiristas que promoveu os setes meses de folga do ano trinta e un... Relatos mariñeiros, pola súa complexa e premeditada brevidade, pola súa prosa cristalina, polo seu esforzo de destilación léxica, e pola construcción dunhas tramas enchidas de emoción, apoiadas nas ilustracións narrativas de Xaquín Marín, constitúe unha das máis valiosas achegas dun dos clásicos vivos da literatura galega.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331184

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-933-6

  • Publicación

    21/02/2003

  • Clasificación IBIC

    FYB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    128

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Sobre a colección Narrativa