Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Historias de Vigo

Autor/a : Jorge Lamas

«Historias de Vigo» pretende ser unha sinxela e amena guía para percorrer os espazos que o vertixinoso crecemento de Vigo foi deixando no esquecemento coma unha peaxe do progreso.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Máis de douscentos mil anos de ocupación nesta beira do Atlántico dan para moitas historias que nalgúns casos teñen nomes e apelidos. Aínda así non son poucos os vigueses que descoñecen o seu pasado e as orixes dalgúns dos seus símbolos de identidade. «Historias de Vigo» pretende ser unha sinxela e amena guía para percorrer eses espazos que o vertixinoso crecemento desta cidade foi deixando no esquecemento coma unha peaxe do progreso. Nesta viaxe pola «viguesidade», o lector estará acompañado por voces expertas e tamén por protagonistas dos acontecementos que verán de axudalo a introducirse nos fitos, na simboloxía local e chegar a algúns dos persoeiros máis interesantes deste recuncho atlántico. É por iso que a narración non pretende ser académica, senón directa e co menor número de voltas posible. Moitos destes acontecementos axudan a comprender mellor a propia actualidade. Como pode acontecer dentro de moi pouco, os vigueses xa saben o que é ir a Madrid pola estrada de Santiago, ou eliminar horas de traxecto en tren indo por Portugal á capital de España. Aínda vai ser certo iso de que a historia sempre se repite!

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345158

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-381-9

  • Publicación

    03/05/2018

  • Clasificación IBIC

    HBTB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    376

  • Tamaño

    22 x 15 cm

Sobre a colección CRÓNICA