Autor/a
Ana Amigo
Ana M. Amigo-Ventureira é pouco de todo e moito de nada. Escribiu o libro «Biciosas o la necesidad de queerizar lo queer» (2022) e conta con diversas publicacións de carácter académico. As súas liñas de investigación máis recentes son a memoria bisexual e as pedagoxías e metodoloxías queer, e xoga a escribir sobre dor con Itxi Guerra en «Dolores compartidos: retazos de historias para colectivizar el malestar» (2025). Actualmente, négase a investir a vida necesaria para atopar estabilidade na academia, pero segue vinculada a ela. Segue o seu camiño (ese que iniciou ao decidir non mudarse de cidade) para tratar de ver a vida con outros ollos, vivindo na súa casiña desde a que ve o monte cada día para almorzar. Agora escribe principalmente co obxectivo de seguir aprendendo e de continuar facendo cousiñas que lle encantan coas amigas.