Autor/a
Antón Álvarez Sousa
Antón Álvarez Sousa é licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, en Filosofía e Ciencias da Educación e en Comunicación Audiovisual, ademais de doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense.
Acadou, entre outros, o Premio Nacional de Licenciatura e o Primeiro Premio de Investigación nas Ciencias Xurídico-Sociais da Universidade Complutense.
Exerceu como catedrático de Socioloxía na UDC, como decano da facultade de Socioloxía durante quince anos, como presidente da Asociación Galega de Socioloxía e mais da Sección de Ciencias Económicas e Sociais da Real Academia Galega de Ciencias.
Impartiu cursos, ditou conferencias e fixo investigacións en diversas universidades de Europa, Asia e América.
Como autor, ademais de múltiples libros e artigos, en Xerais publicou «Os incendios forestais» (1992) e «Homo Peregrinus» (1999).