Ánxela Lema París (Muros, 1991) é investigadora posdoutoral e membro do grupo ILLA da UDC. En 2020 doutorouse en Estudos de xénero e literarios con mención internacional e cum laude. Foi lectora de lingua, literatura e cultura galegas na Université Sorbonne-Nouvelle Paris 3 (2015-2018), de español na Université de Picardie Jules Verne (2017-2018) e investigadora no Centro Ramón Piñeiro (2018-2020). Os seus ámbitos de investigación son os estudos de xénero, da sexualidade e literarios, cuestións sobre as que xa publicou diferentes traballos e impartiu conferencias e seminarios. Foi galardoada co Premio Follas Novas (2024) polo ensaio que coordinou con Andrea Nunes, «O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias» (Xerais, 2023). No ámbito da ficción publicou, xunto a Sara Villar, o poemario «ex-céntricas» (2022).
Libros de Ánxela Lema
Insubmisión ambigua
Os nosos libros
Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos