Autor/a
Beatriz García Turnes
Beatriz García Turnes naceu en Santiago de Compostela en 1973 e actualmente vive en Teo.
É filóloga e profesora.
Escribe dende a adolescencia e, no ámbito da ficción, publicou o discurso "Os mellores agasallos" do «Libro dos Reis Magos» (2012), o libro de contos «Comando Sintrom» (2024) e tres novelas xuvenís: «Valdamor» (2001), que foi premio Lecturas da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix); «O ouro das lúas» (2018) e «Esta noite hei de ir a verte» (2021).
Tamén ten publicados libros e artigos relacionados co seu traballo de lingüista.
En 2024 publicou «A maldición do papiro alexandrino» na colección Fóra de xogo de Xerais.