Autor/a
Claudia Castro
Claudia Castro naceu no barrio compostelán do Castiñeiriño o 30 de decembro de 1972. Xornalista e filóloga, dedícase desde nova á comunicación corporativa. Desde 2011 reside co seu compañeiro e os seus fillos, Darío e Xulia, na aldea de Penelas (Teo). Boa parte do seu tempo transcorre en Corme, na Costa da Morte. Entre outros recoñecementos literarios, obtivo o segundo premio do Certame de Poesía María Mariño ou o primeiro premio no Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro. En decembro de 2005 publica o seu primeiro poemario, «Adagio para unha viaxe silente», e en 2018 ve a luz «Ser, corazón e boca.» En 2019 e 2022 saen do prelo «Galicia, o país das marabillas» e «Amiga lúa, amigo mar. Moon, me & the sea», os seus primeiros poemarios para a cativada, aos que lle segue o álbum ilustrado «A Fraga das Avoas Invisíbeis» e «Seis leiras e un piano» (Xerais, 2025). O compositor Fernando Vázquez Arias compuxo música para cinco poemas seus. Na actualidade coordina a Escola de Escrita Allegro.T.