Autor/a
David Díaz Díaz
Diana Fernández Gómez (Covas-Viveiro 1989) e David Díaz Díaz (Xerdiz-Ourol 1988). Unha parella de namorados desde 2005, profesores de Lingua Galega e Literatura, que reflectimos en Bolboretas no bandullo esta afección común coa que aprendemos e gozamos xuntos día a día.
Aínda que Diana sustenta a parte máis creativa e gastronómica e David a literaria, o labor é conxunto de principio a fin. Metemos as mans na masa, divertímonos con cada creación, matinamos receitas para crear e saboreardes, coñecemos gastronomías do máis afastadas, fracasamos tamén nalgún prato e papamos. Si, si, somos inmensamente felices cociñando mais tamén degustando todo aquilo que preparamos. Por iso é importante que as receitas sexan diversas, botando man de moi distintos tipos de produtos alimenticios. Hai unha chea por descubrir e moitos están ocultos nas páxinas deste libro.