Autor/a
Elvira Santiago Gómez
Elvira Santiago Gómez é doutora en Socioloxía e profesora permanente laboral na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, dirixe o Laboratorio de Análise e Prospectiva Sociopolítica (LAPSO) e forma parte do Comité Científico do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). A súa investigación aborda a xestión de riscos ambientais, a avaliación de novas tecnoloxías e a participación na toma de decisións controvertidas (ORCID ID 0000-0003-4635-144X).