Autor/a
Fran Fernández Davila
Fran Fernández Davila (Vigo, 1974). Fillo de mecánico naval e de obreira de conserva, é enxeñeiro industrial, profesión que exerce dende o ano 2000 e que compaxina dende 2016 cunha intensa e frutífera traxectoria literaria.
Neste tempo publicou cinco novelas e cinco poemarios, entre eles «A senda de sal» (2017), «Alana» (2018), «Mover os marcos» (2019), «O bosque do duque's-Hertogenbosch» (2022), «Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas» (2023), «KoNpostEla» (2023), «Groenlandia» (2023) ou «Atravesar o don» (2024).
A súa obra, que afonda nas complexidades das relacións humanas con gran sensibilidade, foi distinguida con máis de corenta galardóns tanto en narrativa como en poesía.
«Principio de superposición» (Xerais, 2026), a obra gañadora da XXVII edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole, supón a súa aterraxe na colección Fóra de Xogo de Xerais.