Ivana Gómez Abuín (lucense de nacemento e «venidera» en Sada). Mestra de Educación Primaria, mediadora de lectura e buscadora de historias.
Formada tamén en Enxeñaría Agrícola e Topografía, aprendeu a cartografar
mapas que agora a levan a tesouros perdidos.
Imparte formacións ao profesorado, familias e crianzas, e colabora con editoras
como asesora e elaborando material didáctico. Tamén divulga sobre literatura
infantil na súa conta de Instagram @libros_e_libros e participa en charlas e
diversos proxectos relacionados coa mediación lectora.
«A Banda da Albóndega e o segredo afundido de Areleira», Premio Merlín de
Literatura Infantil 2026, é a súa primeira obra publicada. En memoria de Ringo, o xefe da banda.
Libros de Ivana G. Abuín
A Banda da Albóndega e o misterio afundido de Areleira
Os nosos libros
Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos