Autor/a
José Luís Calvo
J.Luis Calvo (Oviedo, 1973) é profesor de Lingua e Literatura españolas no IES Mercurio de Almadén (Ciudad Real). Creador e director de Evohé, Revista Cultural do Campus de Lugo (1996-1998). Como poeta publicou La hija imperfecta e Definitivo territorio, este en galego, e como narrador Ulises no mar de Vigo (Premio de Relato Curo Ánxel Fole). Como estudoso da literatura centra as súas investigacións nas figuras de Antonio Gamoneda e Darío Xohán Cabana. E publicou os libros Lorenzo Varela na escola. Vida e morte do exilio galego e Conversas con Darío Xohán Cabana (Xerais 2007).