Autor/a
Lucía Mojón
Lucía Mojón (Vigo, 1987). Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela e Vigo. Actualmente é mestra de Educación Primaria. Rodeada de libros desde nena, a literatura sempre estivo presente na súa vida, aínda que a literatura infantil cobra especial importancia para ela nos últimos anos, debido ao seu traballo e á maternidade. Estreouse como autora en 2020 co libro «El lío de Perico», ao que seguiron outros títulos infantís. En 2025 publica en Xerais «Biscoito de castañas», un divertido álbum ilustrado por Lucía Barrios sobre o valor dos momentos compartidos.