Ilustrador/a
Mara Méndez García
Mara Méndez García (Vigo, 1995). Dende moi cativa xa andaba rodeada de libros e lapis. Estudou banda deseñada e libro ilustrado na escola O Garaxe Hermético. Ao rematar os estudos comezou a traballar como ilustradora e participou en varios proxectos de banda deseñada cos seus compañeiros da escola: «Florencio», «A Illa de San Simon», «As 9 Cruces»... Tamén ilustrou algún traballo para os Estados Unidos como «Trim Season. NYCC Ashcan», de Scout Comics, e variantes de portadas para «The Shepherd: The Tether». En Xerais, é autora das ilustracións de «Varetai. Protectora de espíritos» (2024).