Autor/a
María Besteiros
María Besteiros (Vigo) é doutora en Filoloxía Galega cunha tese sobre as representacións da maternidade en autoras galegas contemporáneas (2015). Tamén é auxiliar técnica veterinaria. No ano 2003 conseguiu o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro con zoonose. Publicou en obras colectivas e autoeditou o libro-obxecto Nin pombas nin flores (2015). En 2022 publicou o poemario A lista da compra. Na actualidade dedícase á corrección e creación de contido para distintas empresas. Con Ítaca (Xerais, 2025), a súa primeira novela, logrou ser finalista do XLI Premio Xerais de Novela.