María Rei Vilas (A Laracha), licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario e escritora.
En relación co ensino da Bioloxía e a Xeoloxía, é coordinadora de proxectos, asesora didáctica e autora de libros de texto para o Bacharelato e a Educación Secundaria Obrigatoria.
Chegou á narrativa no ano 2020, coa súa primeira novela, «Flores de ferro», que recibiu o Premio García Barros nese ano e o Premio San Clemente en 2022.
Con posterioridade, publicou os relatos «Temporal de verán» e «Brenda e o ventrílocuo».
«Reixas na pel», finalista do XLIII Premio Xerais de Novela en 2026, é a súa segunda novela.
Fotografía da autora: Rediet de la Fuente Rey.
Libros de María Rei Vilas
Reixas na pel
Os nosos libros
Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos