Mario Gradín (Vigo, 1993) é doutor en Estudos Lingüísticos pola Universidade de Vigo. Posúe experiencia como profesor de linguas en varios países, compatibilizando a súa actividade docente coa investigadora.
As súas principais liñas de traballo son a sociolingüística e a análise crítica do discurso. Nos últimos anos dedicouse ao estudo dos relatos predominantes sobre o galego arredor das políticas lingüísticas educativas, nomeadamente cos decretos 124/2007 e 79/2010.
Libros de Mario Gradín
Do problema do galego ao galego como problema
Os nosos libros
Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos