Autor/a
O Leo
O Leo (Leonardo Fernández Campos) naceu en 1974 en Vigo e é de Matamá. Desde finais do ano 2005 mantén na rede o blog haicu.blogspot.com. Como O Leo i Arremecághona! Publicou baixo licenza Creative Commons as coleccións de mp3 Suspiros de Kaña (A Regueifa Plataforma, 2006) e Aghomita campión! (ARP, 2007) e a colección de vídeos en directo Sigho (Vivo)! (ARP 2007). Compuxo a música para o teatro e fixo de actor en Matarile, A Factoría e Berrobambán. Colabora en Sonotone, Tempos Novos e Protexta. Traballa de lingüista.