Autor/a
Oscar Wilde
Oscar Wilde naceu en Dublín en 1854 e morreu en París en 1900. Da súa vida tense escrito moito pero, ao cabo, o que importa é a súa obra, entre a que destaca O retrato de Dorian Gray (1891), en prosa, e A importancia de chamarse Ernesto (1895), en teatro. Como el mesmo dixera: «Ao que queira entrar na casa da Beleza non lle hai que preguntar o que quixo facer, senón o que realmente fixo.»