Autor/a
Pablo Aranda
Pablo Aranda é licenciado en Filoloxía Hispánica e un incansable viaxeiro. Entre outras ocupacións, traballou como monitor de enfermos mentais, como educador de menores que cumprían medidas xudiciais e impartiu clases de español na universidade de Orán, Alxeria. Ten unha premiada traxectoria como narrador e como escritor de literatura infantil e xuvenil, é autor de libros de viaxes e dedícase tamén a escribir artigos de opinión para diversas publicacións.