Autor/a
Pedro P. Riobó
Pedro P. Riobó (Moaña, 1959), tradutor, dramaturgo, investigador e poeta, publicou «as desfeitas do día» (2011). Profesor xubilado de secundaria das materias de Lingua Galega e Artes Escénicas e director de teatro amador e escolar, animou iniciativas como a Federación Galega de Teatro Afeccionado, a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador e a Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. É autor de varios estudos teatrais que comezan con «O teatro galego contemporáneo (1936-1996)» (1999) e dunha morea de artigos publicados en «ADE», «Artez» e sobre todo na «Revista Galega de Teatro» da que formou parte de 1997 a 2022. Recibiu o Premio Xiria ao Labor Teatral (2005) da MITCF de Cangas do Morrazo. «Tina e Xeró» (Xerais, 2024) é a súa primeira novela publicada na colección Narrativa.