Autor/a
Raquel Fernández Fernández
Raquel Fernández Fernández (Nigrán, 1972) exerce como chef nun restaurante da súa propiedade no Val Miñor. A pesar do afastado do mundo literario que poida parecer o seu día a día, a lectura e a escrita sempre formaron parte da súa vida.
Ao longo dos últimos anos acadou máis dunha quincena de premios polo seu labor poético e narrativo, entre eles o Certame Literario do Concello de Ames (2020) nas modalidades de poesía e narrativa, o segundo premio de poesía do Certame Manuel Orestes Rodríguez do Concello de Paradela (2020), o primeiro premio de Relato Curto en Prol da Igualdade do Concello de Melide (2021), o premio de narrativa do concurso Literario Xaime Illa Couto (2022) ou o Certame de Microrrelatos do Concello de Vilalba (2020, 2022, 2023).
En marzo de 2024 publicou a súa primeira novela dirixida ao publico xuvenil, «Contas de Buxo». En xuño dese mesmo ano resultou gañadora do XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «I'm Obélix» (Xerais, 2024).