Samuel L. París (Muros, 1984) é escritor e poeta. Publicou «Manual da destrución» (2008), «Inflamable» (2012), «Internacional de Poesía Anarquista» (2020), «O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo» (2024), «O tenro é o salvaxe» (2025) e «Pifostio» (Xerais, 2025). Durante todo o 2013 escribiu e publicou un poemario completo á semana no seu blog. En 2015 publicou, baixo demanda, 25 poemarios con textos inéditos e exclusivos escritos integramente á man. En 2023 lanzou unha serie de novos poemas enviándoos en postais. Ao longo de todos estes anos ten ofrecido numerosos recitais no país e fóra del e participado nos principais festivais e eventos poéticos. Na actualidade dirixe e presenta o programa sobre poesía «A Catapulta», en colaboración co «Salto Galiza». Foi baixista da Terbutalina desde a súa formación ata 2017, banda coa que publicou sete traballos discográficos e coa que actuou en centos de concertos. Durante un ano tamén foi baixista en Thee Blind Crows, cos que publicou tres discos.
Libros de Samuel L. París
Pifostio
Os nosos libros
Recibe todas as noticias sobre novidades e eventos