Autor/a
Santiago González Avión
Santiago González Avión (Mondariz 1966), sociólogo. Desde novo, participou en asociacións xuvenís, culturais e deportivas. En 1984 entrou no mundo voluntariado, primeiro con colectivos de excluídos, e logo en ONG de Cooperación e desenvolvemento. Foi responsable de voluntariado en Cáritas. Posteriormente foi director da Fundación Secretariado Gitano en Galicia e presidente da Rede Europea contra a Pobreza en Galicia (EAPN). Na actualidade traballa como consultor na Asociación Cuarto Sector - Desenvolvemento Social. Como ensaísta publicou: Abrente Incerto: pobreza, dereitos e desenvolvemento na Galicia de hoxe (1998), Premio Vicente Risco 1998 de ensaio e O voluntariado social. Un camiñar compartido (Xerais 2001). Con posterioridade, publicou o estudo O chabolismo en Galicia. Informe 2006, ademais de participar en diversos estudos, investigacións, informes e publicacións colectivas.