Ilustrador/a
Terteres
Mónica Fernández López, Terteres (Monforte de Lemos, 1973). A curiosidade lévaa a estudar Física en Santiago de Compostela e máis tarde Belas Artes en Pontevedra. Máster en Arte Contemporánea pola USC e en Estudos de Xénero pola Facultade de Dereito da UNED. É profefora de ensino secundario, deseñadora, ilustradora, feminista..., e sobre todo unha eterna aprendiz. En Xerais é autora das ilustracións do álbum «Uxía e o mar» (2024) escrito por Paula Merlán.