Autor/a
Xabier Alcalde
Xabier Alcalde (Cangas do Morrazo, 1956) é profesor de Educación Secundaria. Iniciou a súa traxectoria como escritor nos anos oitenta, período no que fundou Babel, revista de pensamento e literatura editada no Morrazo, e publicou artigos na prensa. En 1999 edítase a súa primeira novela, A sorte de espertar. Posteriormente, colaborou con A Carón Do Mar, colectivo de artistas co que participou no proxecto Laños de memoria, libro que ve a luz en Cangas no ano 2001, con motivo da inauguración do Auditorio Municipal. Disidencia ferida é o seu último libro.