Autor/a
Xosé Benito Reza
Xosé Benito Reza (Celanova, 1956), enxeñeiro superior de montes, leva dedicado toda a súa vida á conservación da natureza, á protección dos espazos naturais e á paisaxe galega. Como director xeral de conservación da natureza promoveu a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia, aprobada polo parlamento galego no ano 2008, e declarou as primeiras paisaxes protexidas de Galicia. É presidente do Seminario de Estudos Celanovenses, membro da Fundación Curros Enríquez e do Grupo histórico arqueolóxico Larouco, así como secretario e xuíz honorario da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
Como ensaísta, investigador e divulgador publicou os libros: "Memorias do pedal. O Camiño portugués a Santiago" (1999); "Celanova e o vento" (1999), en colaboración con X. L. Méndez Ferrín; "Biografía de Manuel Curros Enríquez" (2001); "Biografía de Arturo Noguerol Buján" (2003); "Vivir en Ancares" (2002, 2003); "O macizo central ourensán" (2009); "Arnoia. Biografía de un río y una ribera" (2012) e "Os ríos da raia seca" (2013). "Terradentro" (Xerais 2017) é a súa primeira novela e "Einibó" (Xerais, 2020).