Autor/a
Xosé Díaz Díaz
Xosé Díaz Díaz (Lugo, 1980) é profesor de ensino secundario. Varios dos seus relatos foron recoñecidos en certames de narración breve como o Modesto R. Figueiredo (2001 e 2002), Ourense de Contos (2002) e Os Viadutos (2004). Publicou as novelas O dómine indómito (2004, premio Historias na universidade) e A morriña das balas (Xerais 2006, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil), e o libro de relatos Fraquezas (2011).