Logo Xerais

Info

Tarrío, Anxo

(enviar correo)

Anxo Tarrío Varela (Santiago de Compostela, 1945) estudou Mestría Industrial e Maxisterio, licenciándose en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Doutorouse na de Oviedo cunha tese sobre Pérez Galdós. Na actualidade é Catedrático de Filoloxía galega e portuguesa. Despois de impartir docencia universitaria de Lingua española, Lingüística xeral, Crítica literaria e Teoría da Literatura en Lugo e Vigo, regresou a Compostela para se facer cargo do ensino da literatura galega na Facultade de Filoloxía, e agora tamén na de Ciencias da Comunicación. Dirixe a sección de literatura do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Publicou os seguintes libros: Lectura semiológica de Fortunata y Jacinta (1982, Premio Internacional de Investigación "Galdós", 1979), De letras e de signos (Xerais 1987), Literatura gallega (1988), Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía (1989), Primeiras experiencias narrativas de Eduardo Balnco-Amor (1993) e Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica (Xerais, 2ª ed., 1998). Colabora asiduamente na prensa escrita, e froito desa dedicación son os libros: Opinións e xoguetes literarios (1992), Recanto de cataventos (1996), Escrito en Compostela (1997) e A baloira (Xerais 2006).

As súas obras como