Méndez FerrÃn, X. L.
(enviar correo)X. L. MÉNDEZ FERRÃN (Ourense, 1938) é unha figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crÃtica, da investigación, do pensamento e da acción polÃtica e social. Doutor en FiloloxÃa, recibiu premios como o Celanova Casa dos Poetas, o Premio Trasalba, o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano, o Premio da CrÃtica Española, o Premio Losada Diéguez ou o Premio Nacional da Cultura Galega.É autor dunha obra compacta, unitaria, que abala entre a realidade e a fantasÃa, e creou espazos literarios de referencia para o ámbito da cultura. A súa obra narrativa iniciouse hai cincuenta anos con Percival e outras historias (1958), e desde aquela publicou tÃtulos tan emblemáticos como O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971), Elipsis e outras sombras (1974), Antón e os inocentes (1976), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Bretaña, Esmeraldina (1987, 2007), Arraianos (1991), ou No ventre do silencio (1999). Como poeta, logo de Voce na néboa (1957), AntoloxÃa Popular (1972) e Sirventés pola destrucción de Occitania (1975), o poemario Con pólvora e magnolias (1977) provocou un revulsivo na poesÃa daquela altura e mudou o seu rumbo. Logo viñeron tÃtulos como PoesÃa enteira de Heriberto Bens (1980), O fin dun canto (1982), Erótica (1992), Estirpe (1994), O outro (2002), Era na selva de Esm (2004) e Contra Maquieiro (2005). Para o público xuvenil publicou Arnoia, Arnoia (1986), incluÃda na Lista de Honra do IBBY en 1988.