Pennac, Daniel
(enviar correo)Daniel Pennac (Casablanca, 1944) é un dos ensaÃstas máis celebrados das letras francesas, moi especialmente dende a publicación de Coma unha novela (Xerais 1993), un alegato a prol do pracer da lectura, traducido a case que todas as linguas europeas e moi especialmente dirixido contra certas técnicas, hábitos ou prexuÃzos do aparato educativo e familiar, obsesionado pola necesidade de ler (en galego tamén). A súa infancia transcorreu en moi diversos paÃses de Ãfrica e do Sudeste Asiático, ademais de «nos territorios libres da literatura», segundo as súas propias palabras: «Estudos? Caóticos, mais non necesariamente catastróficos. Profesión? Profesor, especialista en «casos difÃciles». Recibiu en 1985 o Premio Vila de Reims á mellor novela policiaca por Au bonheur des ogres, e en 1987 o Premio Mystère da crÃtica por La fée Carabine. É autor da famosa saga protagonizada polo señor Malaussène. En Xerais ten editado en galego Como unha novela (1993) e Mal de escola (2008).