Logo Xerais

Info autor/a

Aneiros, Rosa

(enviar correo)

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, «Eu de maior quero ser», á que seguiron «Corazóns amolecidos en salitre» (2002); «Resistencia» (Xerais 2003), Premio Arcebispo San Clemente, 2003; «O xardín da media lúa» (2004); «Veu visitarme o mar» (Xerais 2004); «Ás de bolboreta» (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil, 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; «Sol de Inverno» (Xerais 2009), Premio Xerais de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias á Mellor portada de adultos, 2009. En 2013 publica o primeiro título da triloxía «Ámote Leo A.»: «Ámote Leo A. Destino xalundes» (Xerais 2013), ao que seguiron «Ámote Leo A. Estación de tránsito» (Xerais 2014) e «Ámote Leo A. Terminal de chegadas?» (Xerais 2014). Na colección Merlín publicou «A batalla da pequena Chañan Curi Coca» (Xerais 2017) e, en Sopa de Libros, «Orestes perde o sentido!» (Xerais 2019).

As súas obras como autor/a