Blanco GarcÃa, Carmen
(enviar correo)Carmen Blanco (Lugo, 1954) é autora de poesÃa, narrativa e ensaio. Como poeta publicou as mostras da súa obra poética en marcha Estraña estranxeira (2004), Un mundo de mulleres (2011) e Lobo amor (2011).Como narradora publicou a recreación de contos clásicos Vermella con lobos (Xerais, 2004) e a novela patchwork de microrrelatos Atracción total (Xerais, 2008).Como ensaÃsta publicou os libros Conversas con Carballo Calero (1989), Literatura galega da muller (Xerais, 1991), Carballo Calero: polÃtica e cultura (1991), Escritoras galegas (1992), Libros de mulleres. (Por unha bibliografÃa de escritoras en lingua galega: 1863-1992), (1994), O contradiscurso das mulleres (1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995), Mulleres e independencia (1995), Luz Pozo Garza: a ave do norte (2002), Alba de mulleres (Xerais, 2003), Sexo e lugar (Xerais, 2006), MarÃa Mariño. Vida e obra (Xerais, 2007), Casas anarquistas de mulleres libertarias (2007), UxÃo Novoneyra, (2009), Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela. O poeta nos lugares dos seus libros (2010) e Feministas e libertarias (2010).É autora de moi diversas edicións de ensaio e poesÃa, como MarÃa Mariño (2007) ou, con Claudio RodrÃguez Fer, Con pólvora e magnolias (Xerais, 1976) de X. L. Méndez FerrÃn, e Os eidos (Xerais, 1990) de UxÃo Novoneyra, e , en solitario, Códice Calixtino (Xerais, 1991) de Luz Pozo Garza ou a mostra bilingüe Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. RosalÃa de Castro, Manuel Antonio, LuÃs Pimentel, Luz Pozo Garza (2004). Publicou numerosas introducións e prólogos, e colaborou en moi variados libros colectivos, xornais e revistas. Co seu nome ou co heterónimo Emma Luaces publicou versións de Safo, José Ãngel Valente ou José AgustÃn Goytisolo, e poemas da serie "Lobo azul". Deseñou os libros Tigres de ternura (1981, 1982) de RodrÃguez Fer e ilustrou Historia da lúa (1984), Vulva (1990) e A muller núa (1992), asà como o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor. E fixo o logotipo de Unión libre.