del Caño, Xosé Manuel
(enviar correo)Xosé Manuel del Caño naceu en Santa Eufemia (Celanova) o 17 de decembro de 1955. É redactor de «Faro de Vigo» na delegación de Ourense. Dirixiu a revista literaria «Follas Secas». Impulsou a recuperación da casa de Manuel Curros EnrÃquez e a creación da biblioteca de Graham Greene no mosteiro de Oseira. Fundador do premio «Celanova, casa dos poetas». Publicou os libros «O mal tempo» (1981), «Lembranzas dun home» (1983), «Once nudos I» (1984), «Once nudos II» (1985), «Areas» (1990), «Conversas con Manuel MarÃa» (Xerais 1990), «Cen galegos» (1993), «GuÃa de Ourense» (1996), «Literaria» (1997), «Historia Ilustrada de Ourense» (2001), «Salgroso / A Muller de Lot» (2002), «Ourense. Paisajes, ciudades y monumentos» (2004), «Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado» (2005). «Alfonso S. Palomares. La lucha por la libertad» (2005), «Conversas con Méndez FerrÃn. Historia, literatura, nación» (Xerais 2005) e «O misterio de Carlos G. Reigosa. Conversas» (Xerais 2007). Dende a Asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Letras, coordinou as edicións das antoloxÃas de relato galego actual tituladas «Fisterra» (2022) e «Miño» (Xerais, 2023).