González Fernández, Helena
(enviar correo)Helena González Fernández (Vigo, 1967) é profesora titular de literatura galega na Universidade de Barcelona e investigadora do Centre Dona i Literatura; especializouse en poesÃa contemporánea e crÃtica literaria feminista. En 1999 defendeu a súa tese de doutoramento, "Mulleres atravesadas por unha patria. PoesÃa galega de mulleres entre 1975 e 1997". Entre os seus libros cómpre citar "LuÃs Seoane: vida e obra" (1994), "Unha lectura de Códice calixtino de Luz Pozo Garza" (Xerais, 1997), a edición crÃtica de "De catro a catro" (1998) de Manuel Antonio e "RosalÃa feminista" (Xerais, 2019). Como antóloga preparou unha escolma da poesÃa de Rompente con Iris Cochón, "Upalás" (Xerais, 1998), "RÃas de tinta" (1999) con Marta Segarra e Francesco Ardolino, e mais "A tribo das baleas" (Xerais, 2001), unha antoloxÃa trilingüe da poesÃa galega dos anos 90. Entre os seus artigos máis recentes salientan as colaboracións en "Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf" (2003), e mais na "Breve historia feminista de la literatura española" (en lengua catalana, gallega y vasca). Vol. VI(2000) coordinado por Iris Zavala. Forma parte do equipo de redacción dos catro volumes do "Diccionario da literatura galega" (1995-2004) dirixido por Dolores Vilavedra, e traduciu ao galego "Capital da dor" de Paul Éluard, con Laurence Brault. Pertence ao consello de redacción do "Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos", onde colabora desde 1992 cunha panorámica anual de poesÃa, e mais "Lectora. Revista de Dones i Textualitat". Na actualidade desenvolve o seu labor como crÃtica literaria en Grial. Foto autora: Ramon Moretó