Logo Xerais

Info autor/a

Blanco, Domingo

(enviar correo)

Domingo Blanco Pérez (Cariño, 1947) é catedrático de Lingua e Literatura españolas dende 1974. Durante seis anos (1979-85) foi profesor de español en Zürich, onde, en contacto cos fondos das bibliotecas daquela cidade e coas actividades do Departamento de Literatura popular europea da Facultade de Letras, se asentaron os alicerces de ``A poesía popular en Galicía´´ (Xerais, 1992).Doutor en Filoloxía pola Universidade de Santiago, ten publicados diversos traballos sobre este mesmo tema nas revistas Grial, Verba e Boletín Galego de Literatura, e en varias publicacións colectivas. En 1990 recibiu o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra polo seu traballo "Xosé Casal Lois e a súa aportación á literatura popular galega".Na actualidade imparte docencia no Instituto República do Uruguai de Vigo.

As súas obras como autor/a

    Non se atoparon resultados para os criterios indicados.