Logo Xerais

Info autor/a

Fernández de Ana Magán, Francisco J.

(enviar correo)

Francisco J Fernández de Ana_Magán, nado en Tomiño (Pontevedra 1.942). Realizou seus estudios de bacherelato en Pontevedra no Instituto de Ensinanzas Medias. Pasou a Universidade de Madrid onde gradúase en Enxeñeiria Forestal, diplómase en Estadísticas e licénciase en Xeografía. Posteriormente doctórase na Universidade de Santiago de Compostela con unha tese que estudia a evolución da paisaxe forestal galega dende o ponto de vista sanitario. Inicia súa formación investigadora no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán pertenecente ao Instituto Nacional de Investigaciones Agrarias. Na súa carreira profesional ocupou cargos de investigador, dirixindo proxectos a nivel español e europeio en tematicas de sanidade forestal e micoloxía, materias nas que é experto.O longo de catro anos (1984-87) ocupou o cargo de Representate Permanente Adxunto de España diante de FAO en Roma e Agregado de Agricultura da Embaixada de España en Italia.Dende 1988 ao 2009 foi xefe da sección de Fitopatoloxía e Micorrizas do CIFA de Lourizán. Na actualidade dirixe unha equipa de investigación na empresa Hifas da Terra S.L en traballos de micoloxía.No 2004 foi elexido presidente da Asociación Forestal de Galicia e como tal ocupa por votación a presidencia da Asemblea da Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE). En xaneiro do 2009 foi reelexido para este cargo.Dende o ano 1999 o 2009 foi profesor asociado na Universidade de Santiago de Compostela impartindo a temática de Sanidade Forestal en Enxeñería de Montes na Escola Politécnica Superior en Lugo. Ten publicado perto dun cento de traballos científicos e é autor de sete libros relacionados coa temática forestal. Algún destes traballos en materia de sanidade forestal e no cultivo de fungos foi pioneiro a nivel mundial.Dentro do mundo da Micoloxía foi creador das múltiples actividades que hoxe funcionan en Galicia como as Semanas Micolóxicas Galegas, a Feira dos Cogumelos, Os Premios Galicia de Micoloxía, realizando unha laboura de divulgación con multitude de conferencias e actividades científicas e divulgativas na materia.Promotor de actividades paisaxísticas foi creador dos cursos de paisaxismo de Lourizán. Realizou unha boa cantidade de proxectos en colaboración con arquitectos en importantes traballos de restauración de parques e xardíns. Nesta materia é autor dun libro e doutros traballos tratando a evolución da paisaxe galega. Fóronlle concedidos varios premios de investigación a nivel estatal e galego a máis de otros recoñecimentos a nivel internacional.

As súas obras como autor/a