Fernández Lorenzo, Rafael
(enviar correo)Rafael Fernández Lorenzo (Cangas do Morrazo, 1962) estudou Educación Social e dende moi novo colabora en diversos medios con artigos de creación e crÃtica literaria. Publicou os seguintes libros: «Son media ducia e parecen cen» (1991), «O ladrón de voces» (1998), «As flores do meu amigo» (Xerais, 2000), «Abecedario de Ricardo Carvalho Calero» (2019), «Abecedario de Bernardino Graña» (2020) e «Cocotibur» (Xerais, 2021). É coautor de «Conversas con Bernardino Graña» (Xerais, 2005). A súa obra está traducida a varios idiomas (éuscaro, portugués, catalán e castelán).