Castaño, Yolanda
(enviar correo)Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977), licenciouse en FiloloxÃa e realizou estudos audiovisuais na Coruña. Activa dinamizadora cultural, dende 2009 dirixe varios proxectos con poetas galegos e internacionais: o ciclo de recitais mensuais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña (Premio da CrÃtica - Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014), o Festival de PoesÃa PONTEPOÉTICA en Pontevedra e o Obradoiro Internacional de Tradución Poética "Con barqueira e remador" na illa de San Simón. Alén diso, ofrece obradoiros literarios, recitais, videopoesÃa e outras mostras do seu traballo dentro e fóra do paÃs, por toda Europa e América, ademais de Tunisia, China ou Xapón. Durante anos traballou en televisión (Premio Mestre Mateo Mellor Comunicador/a de TV 2005) e publicou columnas en distintas cabeceiras galegas. Foi responsable de mostras poéticas colectivas, de traducións de poesÃa e de edicións literarias. Aparece representada en numerosas revistas especializadas, libros colectivos e antoloxÃas tanto galegas como estatais e estranxeiras, asà coma en numerosos festivais internacionais de poesÃa, téndose traducido en parte a máis de quince linguas.Premio da CrÃtica Española 1999, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo CrÃtico 2009 (ao mellor poemario publicado en España por un autor/a mozo/a, escollido tamén por El Cultural coma un dos 5 mellores libros de poesÃa editados ese ano en España) e Premio Fundación Novacaixagalicia entre outros. Yolanda Castaño conta con seis poemarios individuais (entre os que salientan Vivimos no ciclo das ErofanÃas, O libro da EgoÃsta, Profundidade de Campo ou A segunda lingua), edicións bilingües dos mesmos para Visor libros, un par de escolmas persoais, algunhas plaquettes e catro libros de poesÃa infantil, ademais de obras asinadas como editora e tradutora.