Logo Xerais

Info autor/a

Galdo, Fausto

(enviar correo)

Benigno Fausto Galdo Fernández (Viveiro, 1944-2012) doutor en Medicina. Premio "Barrié de la Maza, conde de Fenosa", da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, 1979. Até 2011 foi xefe do Servizo de Reumatoloxía do CHUA Coruña e profesor de Reumatoloxía da facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña. Académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e académico correspondente da Real Academia Galega. Autor colaborador de libros e numerosos artigos da súa especialidade, foi presidente da Sociedade Galega de Reumatoloxía e vice-presidente da Sociedad Española de Reumatología. Autor de Pintores y pintura de Viveiro, 1992; Introducción a la historia de las aguas minerales de Galicia, 1995; A Coruña en la historia de la viruela, 1996; A Memoria de Lugo, Xerais, 2000; Quinientos años de Reumatología de Galicia, 2001; Música de tres compositores reumáticos. Manuel de Falla, un reumático desconocido, 2001; Biblioteca Gastronómica de Galicia, 2003; Terra de Viveiro, 2005; A Memoria de Viveiro, Xerais, 2005; El sanatorio marítimo de Oza, 2007. Outorgáronselle distintos recoñecementos e galardóns: Premio Gastronomía de Galicia "Ãlvaro Cunqueiro" ao mellor labor en prensa, 1999; Folla de Prata do Albariño, 2000; Premio Gastronomía de Galicia "Ãlvaro Cunqueiro" ao libro mellor editado no ano, 2004.

As súas obras como autor/a