Logo Xerais

Info autor/a

Vega, Ángel de la

(enviar correo)

ÁNGEL DE LA VEGA (Ángel Martínez Fernández de la Vega) (Friol, 1931) é xornalista. En 1958 entrou na redacción de El Progreso de Lugo, medio no que foi redactor xefe, durante vintecinco anos, ata a súa xubilación no ano 1995. Foi fundador e director de Hoja del Lunes de Lugo e director durante vinteseis anos de Heraldo de Vivero. Foi correspondente de diferentes xornais (Ya, Informaciones, Pueblo, El Ideal Gallego, La Región Internacional), así como das axencias Europa Press e Logos. Membro da Asociación da Prensa de Lugo, da que foi vicepresidente e secretario, recibiu en 1996 a súa medalla de ouro. En 1995 foi nomeado "Lucense do ano". É autor dunha guía turístico-literaria sobre Friol, a súa vila natal, e participou en 1997 como poñente do Congreso sobre Ánxel Fole, con quen mantivo unha estreita amizade ao longo de corenta anos.

As súas obras como autor/a