Rodríguez Rodríguez, Anaír
(enviar correo)Anaír Rodríguez (Vigo, 1978) licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e traballa dende hai anos como editora en Edicións Xerais, o que compaxina co activismo a prol da lectura na asociación Espazo Lectura, da que é socia fundadora. É coautora de diversos materiais de ensino da lingua galega, tradutora de obras da literatura infantil e xuvenil e autora do álbum "Pioneiras. Galegas que abriron camiño" (Xerais, 2018), ilustrado por Nuria Díaz.